Preguntas frecuentes

Podes contratar a luz online no seguinte enlace, tamén nos podes chamar ou escribir por Whatsapp ao 613 750 616, ou deixarnos o teu teléfono para que te chamemos. Necesitarás ter a man unha factura da luz actual na que poder ver o número CUPS que é un código único que identifica ó punto de subministro.

Porque analizamos o teu consumo e a forma no que o fas e amosámoste cal é a mellor opción para ti, adaptando as nosas tarifas ó cliente. A nosa pode ser unha tarifa indexada ó prezo da enerxía no Mercado Eléctrico, un prezo fixo a todas horas ou por periodos ou incluso unha tarifa mixta. Cada día imos o mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis a marxe de comercialización a túa factura. Optando sempre polo que é o máis económico para o cliente final a longo prazo. 

Non, é unha portabilidade do contrato da luz como a do teléfono.

Non ten ningún custo. O cambio é totalmente gratuíto e podes realizalo as veces que queiras.

Non temos permanencia, nin ningunha penalización por darte de baixa. Queremos que formes parte de Zeta porque estás a gusto con nós.

Non, en Zeta encargámonos de todo. Solo tes que porte en contacto con nós a través do noso formulario na web, chamándonos o noso teléfono gratuíto 900 645 007  ou escribirnos por Whatsapp ó 613 075 616.

É a tarifa na que o prezo da enerxía está vinculada ó prezo da enerxía no mercado maiorista no momento no que estás consumíndoa da Rede Eléctrica. Este prezo varía cada hora durante todos os días do ano. Premendo neste enlace podes consultar o prezo da enerxía por horas.

A potencia contratada é un dos termos da túa factura eléctrica. E a cantidade de enerxía que podes consumir nun determinado momento á vez. É un concepto fixo da túa factura. O prezo da potencia en Zeta cobrámolo ó prezo marcado polo BOE, é dicir, a prezo de custo e sen comisións ou marxes ocultas. Calcúlase da seguinte maneira no caso dun contrato para particulares:

–          Potencia en P1 (8:00h – 00:00h): 0,061375€ * kW contratado * día facturado

–          Potencia en P2 (00:00h – 8:00h): 0,002128€ * kW contratado * día facturado.

Podes consultar no Boletín Oficial do Estado o custo do kW de potencia contratada en calquera momento.

É o beneficio que repercutimos na túa factura por levar a cabo o noso traballo. Aplicamos entre un 15-20% sobre o custo do kWh que consumas na túa factura, o resto de conceptos os repercutimos a prezo de custo.

É dicir, se o custo da enerxía no mercado é de 0,10 €/kWh, aplicámoslle a marxe do 15%: 0,015 €, polo que o custe final sería de 0,115 €/kWh para cada kWh de enerxía que consumas.

É o único beneficio que obtemos, xa que na potencia ou outros cargos aplicados a túa factura son trasladados sen marxe algunha.

En Zeta non aplicamos ningunha marxe o kW de potencia contratada porque cremos que é desfomentar o aforro enerxético, xa que moitas compañías eléctricas para atraer clientes baixan as tarifas do custo do kWh consumido e soben o prezo da potencia contratada.

A mensaxe que se da con esta práctica é que non ten tanto valor que aforres enerxía e en Zeta queremos que consumas o que necesites, nada máis. Aínda que vaia na “nosa contra”, fomentamos o aforro enerxético xa que iso está dentro da nosa filosofía.

Pois de forma natural e como o fas con calqueira amigo ou familiar. Podes chamarnos, atendémoste sen centralitas, ou podes escribirnos por Whatsapp e aínda mellor se ves a visitarnos na nosa oficina. Estamos en Galicia, ó teu carón.

En Zeta a factura e simple e clara. Nada de conceptos incomprensible na factura. Todo claro e ben especificado. Pagas pola potencia contratada e a enerxía consumida, as facturas de luz non deberían ser máis ca iso. Así son en Zeta, e se non entendes algo estamos aquí para explicarche o que sexa necesario.

Terás a túa disposición unha web e app móbil para ver o teu consumo mensual e as túas facturas eléctricas sempre que queiras. Así poderás ter información e o control sobre o que consumes en todo momento.

Se tes unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, podes dispor dunha batería ou peto virtual no que acumular os excedentes sobrantes do mes en euros e non desperdicialos. Podendo utilizalos no vindeiro mes ou incluso tamén nunha segunda vivenda.

Ó cambiar o teu contrato e virte a Zeta, o cambio realizarase coa mesma potencia eléctrica que tes actualmente contratada. Unha vez esteas en Zeta, poderás solicitar un cambio de potencia en calqueira momento.