Se tes unha instalación de autoconsumo no teu punto de subministro, podes contar co teu Peto Virtual no que almacenar o valor económico dos excedentes sobrantes para poder descontalos e poder chegar a facturas de 0 €.
Se aínda che seguen sobrando cartos, acumúlalos para poder descontalos nas seguintes facturas ou noutros puntos de subministro.
Ata fai un tempo, se tiñas excedentes mensuais por máis valor que o teu termo de enerxía da factura, o valor sobrante perdíalo. Grazas o Peto Virtual, iso non é así en Zeta. Se che sobran excedentes vas poder descontar o seu valor económico en tódolos termos da túa factura eléctrica e así conseguir facturas de 0 €.
É un saldo no que se acumula o valor económico dos excedentes sobrantes da túa instalación de autoconsumo para descontalos no prezo final de próximas facturas do teu punto de subministro ou outros puntos o teu nome, pudendo chegar a ter facturas de 0 €.
En Zeta temos unha única tarifa e cada día imos ó mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis a marxe de comercialización á túa factura. Isto é un prezo indexado ó prezo do Mercado Eléctrico, que na Península Ibérica chámase OMIE.
Pois os excedentes valorámolos ó 90% do prezo medio horario de OMIE no momento en que se producen. Imaxina que o prezo foi de 0,10 €/kWh, a túa remuneración sería de 0,09 €/kWh por cada kWh vertido á Rede.
Pol. Ind. A Lomba (Areas), 131 – Local 4
36861 – Ponteareas (Pontevedra)
Luns a xoves de 8:00 a 17:00
Venres de 8:00 a 14:00
info@zetaenerxia.com
613 750 616 I 900 645 007