Sen trampas nin letras pequenas.
Cunha factura clara e de fácil comprensión. E sempre ó teu carón para resolver calquera dúbida.
Poderás vir visitarnos a nosa oficina, contactar con nós por teléfono, por WhatsApp ou por correo eléctronico. Non falarás cunha centralita, falarás con Adrián, Inés ou Andrés e nós buscaremos a solución ó que nos plantexes.
Cada día imos ó mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis a marxe de comercialización a túa factura. Analizamos o teu consumo e adaptamos a tarifa para que sexa a máis económica para ti a longo prazo.
Nada de conceptos incomprensible na factura. Todo claro e ben especificado. Pagas pola potencia contratada e a enerxía consumida, as facturas de luz non deberían ser máis ca iso. Por suposto, non temos permanencia de ningún tipo.
Cada día imos ó mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis a marxe de comercialización a túa factura.
Analizamos o consumo do cliente e adaptamos a tarifa a forma en que consuma a enerxía, para garantizar sempre que sexa a tarifa máis económica a longo prazo.
Por exemplo, se tes un consumo estable durante todo o ano, a tarifa indexada o mercado é a mellor para ti.
Se pola contra, te gusta máis saber o que vas a pagar cada mes pola enerxía, podes optar por unha tarifa fixa durante todo o ano.
En Zeta sempre imos a buscar a tarifa que máis se axuste o teu consumo e ofrecercha de forma transparente e clara.
O Peto Virtual é un saldo no que se acumula o valor económico dos excedentes sobrantes da túa instalación de autoconsumo para descontalos no prezo final de próximas facturas do teu punto de subministro ou outros puntos ó teu nome.
Pásate a Zeta e compensámosche o Peto Virtual que teñas almacenado na túa compañía eléctrica actual.
Ata fai un tempo, se tiñas excedentes mensuais por máis valor que o teu termo de enerxía da factura, o valor sobrante perdíalo. Grazas ó Peto Virtual, iso non é así en Zeta. Se che sobran excedentes vas poder descontar o seu valor económico en tódolos termos da túa factura eléctrica e así conseguir facturas de 0 €.
Podes contratar a luz online no seguinte enlace, tamén nos podes chamar ou escribir por Whatsapp ó 613 750 616, ou deixarnos o teu teléfono para que te chamemos. Necesitarás ter a man unha factura da luz actual na que poder ver o número CUPS que é un código único que identifica o punto de subministro.
Porque analizamos o teu consumo e a forma no que o fas e amosámoste cal é a mellor opción para ti, adaptando as nosas tarifas ó cliente. A nosa pode ser unha tarifa indexada ó prezo da enerxía no Mercado Eléctrico, un prezo fixo a todas horas ou por periodos ou incluso unha tarifa mixta. Cada día imos o mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis a marxe de comercialización a túa factura. Optando sempre polo que é o máis económico para o cliente final a longo prazo.
Pol. Ind. A Lomba (Areas), 131 – Local 4
36861 – Ponteareas (Pontevedra)
Luns a xoves de 8:00 a 17:00
Venres de 8:00 a 14:00
info@zetaenerxia.com
613 750 616 I 900 645 007